Informacións sobre as reunións mantidas polos catro comités do Consorcio por motivo das amortizacións e da creación de novas Galescolas

Reunións dos Comités do Consorcio

A CIG Ensino comezou as reunións deixando claro que se vai negar ao peche de calquera escola ou á supresión de calquera posto de traballo salvo en casos excepcionais debidos á non existencia dunha matrícula mínima. A situación que vivimos ano tras ano fai máis clara aínda a necesidade dun concurso de traslados entre o persoal do consorcio, cuestión que, como sabedes, a CIG ven esixindo, ou ao menos que se estabeleza un sistema de permutas ao que poda optar todo o persoal e moi especialmente aqueles casos motivados por causas médicas. A CIG Ensino acepta ningún traslado forzoso de ningunha traballadora ou traballador do Consorcio. Volvemos aclarar que de non aceptar o movemento a persoa será cesada, e polo tanto volve ás listas e cobra o paro.

Ligazón

Volver