Información sobre a convocatoria de oposicións

A Consellaría de Educación transmitiunos que continúan coa intención de convocar as oposicións e de realizar a Mesa Sectorial o día 2

Nestes días está sendo noticia a convocatoria de oposicións deste ano, poñéndose en tela de xuízo a potestade das administracións educativas para poder convocalas sen estar aprobados os orzamentos do Estado de 2017. Todo indica que se pretende usar a oferta de emprego como arma política para aprobar os orzamentos do Estado sen considerar a incerteza, inseguridade e desconsideración a que se somete aos opositores e opositoras. A CIG-Ensino ante os diferentes rumores existentes púxose en contacto coa Consellaría de Educación a cal nos transmitiu que que continúan coa intención de convocar as oposicións e de realizar a Mesa Sectorial o día 2 e que non teñen até agora ningunha comunicación do Ministerio sobre este tema.

A CIG-Ensino quere manifestar que baixo ningún concepto aceptará por en tea de xuízo a convocatoria de oposicións en Galiza para o ano 2017 e nese sentido a  Consellaría debe saír a desmentir diferentes opinións e información que se están dando estes días.

Volver