
Información do concurso xeral de traslados
Consulta aquí diversas informacións relativas ao CXT 2010-11
Formulámoslle á Consellaría que a publicación do baremo de méritos do concurso de traslados se faga por especialidades ou orde alfabética, xa que, tal e como está, é sumamente difícil coñecer a puntuación dos/as concursantes. Proximamente, modificarán esa publicación de maneira que en secundaria será por especialidade e en primaria, seguramente ordenada mediante o código do centro. Van retirar da proposta inicial do concurso de traslados todas as prazas de mestres de taller das Escolas de Artes Plásticas e Deseño. Como sabedes, neste punto, na Orde do Concurso de traslados, dise o seguinte: “Por cada titulo de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente: 2,0000 puntos”. No entanto, na Circular 13/2010 a puntuación que se lles dá a estes títulos é de 1 punto. Por isto, a CIG-Ensino presentou este escrito na Consellaría para que corrixa de oficio esta puntuación a todos/as os/as participantes afectados/as, aumentándolles o punto que lles corresponde. A Consellaría confirmounos que revisará de oficio este punto do baremo asignándolles 2 puntos a todos e todas os/as participantes afectados/as. A Consellaría vén de confirmarnos que non ten previsto convocar concurso de orientación, xustificando esta medida en dúas sentenzas que ten perdido e en que podería haber inseguridade xurídica para algunhas prazas. A CIG-Ensino amosou o seu rexeitamento a que non se publique este concurso.