Información de última hora sobre os temarios de oposicións para 2008

Mesa sectorial do MEC

Na reunión que mantivemos hoxe (12/12/07) a CIG-Ensino e outras Organizacións Sindicais co Ministerio de Educación informouse de que era a súa intención que para as oposicións 2008 sigan en vigor os actuais temarios.

Mesa sectorial do MEC

Información de última hora sobre os temarios de oposicións para 2008

Na reunión que mantivemos hoxe (12/12/07) a CIG-Ensino e outras Organizacións Sindicais co Ministerio de Educación informouse de que era a súa intención que para as oposicións 2008 sigan en vigor os actuais temarios. En todo caso, a decisión definitiva tomarase a semana que vén. Todo indica que os temas para as oposicións 2008 non van sufrir ningún cambio respecto aos que hoxe están en vixencia. A CIG-Ensino manifestou que sería unha irresponsabilidade modificar os temarios para estas oposicións   e os posíbeis cambios para o futuro terían que ser anunciados con moita antelación. Así mesmo, ante o anuncio por parte do Ministerio sobre cambios importantes que ten previsto facer nun futuro nalgunhas materias,  CIG-Ensino reclamou que no período transitorio de acceso á función pública docente, prevista na LOE, os cambios nos temarios deberían ser mínimos, unicamente para facelos máis axeitados coa función docente.

Volver