Información da Mesa Sectorial na que se tratou a convocatoria de oposicións 2013

A Consellaría dixo que terá en conta a proposta da CIG-Ensino de publicar a orde no DOG despois do 2 de abril

No interior desta nova podes consultar toda a información relativa á Mesa Sectorial do 21 de marzo na que se tratou a orde que vai regular a convocatoria de oposicións do 2013. O prazo de prestación de solicitudes será de 20 naturais contados a partir do seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG. A CIG propuxo que no se publique antes do 3 de abril, e a nosa proposta foi tida en conta, polo tanto non se publicará a convocatoria até despois de semana santa. A Consellaría non dixo que día se publicará no DOG. Nesta convocatoria as prazas serán repartidas por tribunal.

Ligazón ao CIG-Informa no que se recollen os aspectos máis importantes do proxecto de orde que vai regular a convocatoria de OPOSICIÓNS 2013 e as proposta da CIG-Ensino.

PROXECTO DE ORDE do  de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo  de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón.

Proposta de baremo Ligazón

Ligazón ao CIG-INFORMA co resto dos temas tratados na Mesa Sectorial e as nosas propostas.

Orde pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.Ligazón.

Ligazón ao documento coas propostas e emendas feitas pola CIG-Ensino.

Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013.Ligazón.

Na Mesa Sectorial tamén se formulou unha cuestión previa sobre a conversión e supresión de centros de secundaria. Ligazón á información.

Demandas de Trienios anteriores a 2007 con sentenza firme ou resolución administrativa en contra.

A Consellaría informa de que está analizando a resolución do Valedor do Pobo na cal lle suxire que se abonen os trienios anteriores á entrada en vigor do estatuto básico do empregado público con sentenza firme ou resolución administrativa en contra.

A intención da Consellaría é pagar estes trienios pero ten que pasar polos órganos de control e intervención da administración.

Volver