Información da Mesa Sectorial do 24 de Marzo na que se trataron diversos borradores de Decretos

Decretos polos que se regulan as titulacións de Grao das ensinanzas de Arte Dramática, Música e Danza, Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais

Na Mesa Sectorial do 24 de marzo tratáronse os Decretos polos que se regulan as titulacións de Grao das ensinanzas de Arte Dramática, Música e Danza, Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Estes Decretos teñen por finalidade regular o acceso e a realización dos estudos que conducirán ás titulacións de grao correspondente, fixando as especialidades de cada titulación, as materias de cada especialidade e a súa carga horaria. Os Decretos chegan despois de que a Consellaría publicase as ordes que regulaban estas ensinanzas, cando o procedemento debería ser o contrario, debater primeiro o Decreto e despois as ordes que o desenvolven, primeira reclamación que realizou a CIG-Ensino e que pon en evidencia a ineficacia e a falta de planificación desta Administración.

Volver