Información da 17ª mesa do XIII Convenio Estatal Educación Infantil 0-3

Nova proposta de táboas salariais ao ditado das patronais e agora impoñendo “unha cláusula de descolgue salarial” na que periga ate poder cobrar esa mísera suba patronal

A CIG-Ensino denuncia o mutismo, patronal e sindical, na negociación e fai un chamamento á reacción “pola dignidade” das traballadoras galegas do sector  ante esta deriva das OO.SS estatais, apostando polo Marco Galego de Negociación coa CIG

Na 17ª mesa negociadora do 19 de decembro a patronal presentou na mesma mesa unha nova proposta salarial(cando quedara de mandala antes e así poder avanzar cara un acordo rápido de táboas salariais nesa mesa negociadora) cun mínimo incremento sobre a presentada no último SIMA, só sobre as táboas de X.D. e das B) da X.I. (as A) de X.I. manteñen as mesmas xa aceptadas no SIMA), e impoñendo agora “ unha cláusula de descolgue salarial” (na que periga ate poder cobrar esa mísera suba patronal nas táboas salariais), que os demais sindicatos estatais aceptaron meter na negociación, cando se quedara na mesa anterior de non meter reivindicacións das partes e ir solo a adaptación legal e táboas...

As catro OO.SS estatais (CCOO e UGT liderando como maioritarios a nivel estatal) respostaron cunha posible nova proposta salarial á baixa e de acercamento á proposta da patronal, aceptando a negociación da cláusula de descolgue e esixindo unhas táboas C) de confluencia nas de X.I., pois as patronais pretendían tamén eliminar estas, ante problemas que tiveron ao non querer pagalas certas administracións. Esta é unha das razóns da “cláusula de descolgue”. A proposta de solución, pendente de acordar,  aumentar un curso máis 2027-2028 as táboas, confluíndo as B) e as A) en 2028, é dicir, discriminando 1 ano máis salarios precarios.

Propúxose nova mesa negociadora para o 9 de xaneiro ás 10:30h.

REXEITAMENTO TOTAL DA CIG-ENSINO:  SAÍDA MARCO GALEGO DE NEGOCIACIÓN.

A CIG-Ensino denuncia unha vez maís esta nova demora, despois de 5 meses perdidos dende o SIMA de xullo, como unha clara intención patronal de seguir alongando todo e pagar subas o máis tarde posible, perdendo as traballadoras máis retroactividade salarial ( renunciouse a atrasos de 2021, 2022, 2023 e parte de 2024... ou vai ser todo 2024?). Ademais denuncia a falta de transparencia, polo mutismo patronal e sindical, das negociacións desta mesa, nos mesmos termos que quixeron silencialas no SIMA (impoñendo o árbitro daquela confidencialidade para poder seguir nas negociacións e que houbo que acatar), e que entendemos inaceptables, polo que as facemos públicas como sempre se fixo nestas mesas negociadoras e así o sector teña pleno coñecemento das mesmas e poder actuar e reaccionar ao respecto.          

O posicionamento da CIG-Ensino foi de rexeitamento TOTAL, unha vez máis, tal e como se recolle na acta da mesa negociadora. O rumbo das negociacións, fai que vaia tendo máis sentido a demanda histórica da CIG de contarmos cun marco galego de negociación que poidamos negociar directamente e non depender do ámbito estatal que non dá resposta ás reivindicacións e necesidades das traballadoras galegas. Nas vosas mans está o forzar, coa representación sindical da CIG no teu centro, e apoiar, coa sinatura, este camiño que comezamos en setembro coa Campaña polas melloras laborais, sociais e salariais: por un convenio galego digno.

Outros enlaces de interese

Ligazón á nova proposta salarial da patronal mesa 19 decembro.

Ligazón ás propostas anteriores para comparar:

Ligazón a antiga proposta patronal de descolgue salarial.

 

Volver