Incremento de vacantes no concurso de mestres coa incorporación das xubilacións anticipadas

CXT Mestres 08: actualización de vacantes

A Consellaría actualizou o 29 de febreiro, no seu portal na internet, as vacantes a adxudicar no CXT de mestres. Nesta ocasión un incremento prodúcese pola incorporación das vacantes que se producen polo profesorado que solicitou acollerse á xubilación anticipada.

INCREMENTO DE VACANTES NO CONCURSO DE MESTRES


A Consellaría de Educación actualizou o 29 de febreiro, no seu portal na internet, as vacantes a adxudicar no CXT de mestres. Nesta ocasión o incremento débese á incorporación das vacantes que se producen polo profesorado que solicitou acollerse á xubilación anticipada. Esta listaxe aínda non ten carácter definitivo, xa que non están incorporadas aínda todas as vacantes por xubilación. Hai que ter en conta, ademais, que as solicitudes de xubilación anticipada non son definitivas até o 31 de marzo, xa que os solicitantes teñen até esa data para renunciar.

Podes consultar o estudo comparativo das vacantes por especialidades e provincias na seguinte ligazón.

INMINENTE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL

Segundo información da Consellaría, a adxudicación provisional do concurso de traslados se publicará a finais desta semana ou principios da que vén. 

Podes acceder a toda a información relacionada co concurso de traslados a través da nosa web.

Volver