Imaxes da concentración diante da Consellaría a prol dun novo bacharelato

Mais horas para Filosofía, Educación Física e Historia

Concentración diante da Consellaría de Educación o día 23 ás 12 da mañá.

Concentración diante da Consellaría de Educación

* Se tés problemas para reproducir estas imaxes desde explorer, podes facelo desde o mozilla firefox

O 23 de abril, tivo lugar ás 12:00 horas, diante da Consellaría de Educación, en Santiago, unha concentración de delegados/as da CIG-ENSINO e representacións do profesorado afectado pola proposta de Anteproxecto de Decreto da Consellaría que fixa os currículos de Bacharelato en Galiza, concorrendo máis de 400 persoas para esixirlle á Conselleira a apertura de negociación co obxecto de acadar o maior consenso posíbel na procura dun Bacharelato compensado, de calidade e laico.
O proxecto de Bacharelato que presenta a Consellaría impide impartir o seu currículo en dous cursos e exclúe calquera perspectiva de galeguización dos contidos.
A CIG-ENSINO, conxuntamente co profesorado afectado seguimos e seguiremos a reclamar da Consellaría unha nova canle de negociación e diálogo que teña en conta as nosas propostas. 
Ao remate da concentración interviñeron representantes do profesorado afectado pola redución de horario e o Secretario Nacional de CIG-Ensino Anxo Louzao quen insistiu na necesidade dun Bacharelato compensado (equilibrado nos seus contidos con carga horaria suficiente para cumprir os obxectivos), laico (cumprindo a lexislación vixente máis engadindo, a igual que se propuxo en Cataluña e Asturias as horas de relixión á carga actual en vez de restrinxir por causa delas o horario das outras materias) e de calidade (ofertando en todos os centros cando menos dúas especialidades de bacharelato, ampliando a oferta da modalidade de artes, optativas...). Así mesmo, Anxo Louzao, concluíu as súas palabras convocando ao profesorado para concentrarse diante do Consello Escolar o 28 de abril ás 16:30 e, sobre todo que participen na folga que está convocada para o vindeiro 29 de abril.
Precisamente logo da concentración tivo lugar a reunión da CIG-Ensino coa Consellaría para negociar os Servizos Mínimos do día da Folga que quedaron establecidos na persoa do Director/a ou dun cargo directivo. 

Volver