8 de marzo. Día da muller
A data do 8 de marzo foi instituída para reivindicar os dereitos das mulleres
Na CIG-Ensino vimos elaborando diferentes materiais para traballar a coeducación. Este ano editamos e poñemos á vosa disposición unha entrevista á profesora e escritora Teresa Moure. Esta entrevista, que poderá ser usada como material na aula ou como ferramenta para propiciar o debate no centro educativo, quere reflexionar e botar luz sobre a importancia da utilización dunha linguaxe non sexista, a constatación da existencia dun teito de cristal, a reprodución no ámbito escolar dos estereotipos patriarcais ou como a coeducación é unha ferramenta fundamental para o conxunto da sociedade.
Achegámosvos ademais toda a información relativa á campaña da CIG para este 8 de marzo, “As mulleres coa folga xeral. Xuntas podemos!”: Ligazón
Podedes consultar tamén o enlace da CIG-Ensino no que atoparedes todos os materiais publicados até agora relacionados coa coeducación: Ligazón