5 de outubro. Día mundial do profesorado

Por un ensino público de calidade

Neste ano 2008, a Internacional da Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do Profesorado.
5 de outubro. Día mundial do profesorado
 
Neste ano 2008, a Internacional da Educación, organización sindical internacional, que agrupa a sindicatos de docentes de todo o mundo e da que a CIG-ENSINO é fundadora, celebra baixo o lema “O Profesorado conta” o Día Mundial do Profesorado.
 
Esta conmemoración foi instituída pola UNESCO no 1993 como mostra de recoñecemento á contribución vital do profesorado á educación e ao desenvolvemento das sociedades dos distintos países.
A Internacional da Educación e os sindicatos que dela formamos parte asumimos como nosa esta data,  e queremos reivindicar o papel imprescindíbel dos e das docentes na nosa sociedade, papel moitas veces infravalorado. Ao mesmo tempo queremos denunciar a situación de compañeiros e compañeiras docentes que en diversos países do mundo seguen a ser perseguidos, detidos e incluso asasinados por desenvolver o seu labor profesional.
 
En Galiza, a CIG-ENSINO, como organización maioritaria entre o profesorado, quere, nesta celebración do Día Mundial do Profesorado 2008, facer un chamamento á administración para que dote o ensino público de todos os medios materiais e humanos precisos para que cumpra coa súa función fundamental na nosa sociedade, feito que hoxe non acontece tal e como puidemos comprobar cos importantes problemas cos que empezou o actual curso escolar.
 
A CIG-ENSINO tamén quere aproveitar esta data para darlle o parabén a todo o profesorado galego polo labor que está a desenvolver, día a día, nos seus centros de traballo, labor imprescindíbel no camiño cara a acadar un ensino galego, publico e de calidade.

Volver