• CorrelinguaCoruña7.jpeg
  • CorrelinguaCoruña1.jpg
  • CorrelinguaCoruña8.jpeg
  • CorrelinguaCoruña3.jpeg
  • CorrelinguaCoruña5.jpeg
  • CorrelinguaCoruña2.jpeg
  • CorrelinguaCoruña6.jpeg

2800 escolares de 30 centros da comarca correron polo galego na Coruña baixo o lema “O Galego é a fórmula”

A edición 2019 do Correlingua na Coruña, carreira pola lingua na que participa alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística, chegou hoxe á Coruña.

Arredor de 2800 rapazas e rapaces chegados de 30 centros de ensino da comarca participaron esta mañá nun percorrido polo Paseo Marítimo con saída do Pavillón de Riazor até a Torre de Hércules na que tivo lugar a festa final. A actividade estivo moi animada grazas á presenza do condutor do acto, Cé Orquestra Pantasma, e á música do grupo Monoulious DOP, grupo participante no Cantalingua, concurso incluído no Correlingua no que os grupos seleccionados foron elixidos polo alumnado de diferentes centros de ensino.

Tamén tivo lugar un concurso de animación, a través do cal as rapazas e rapaces da comarca amosaron a súa visión sobre a situación lingüística na súa contorna e leuse o manifesto gañador do certame desta categoría que este ano recaeu no grupo Os Toxos formado por alumnado de 4º da ESO do IES de Carral. A súa proposta “Temos química coa nosa lingua” vai facendo referencia aos símbolos da táboa periódica que hai 150 anos foi presentada ao mundo polo ruso Mendeleiev nun escrito de defensa da nosa lingua. (…) Bioloxía en galego, berra! / BuscA a súa alma /BaiLa coa lingua / Cántao / Non a Cambies por nada (…) 

O luns 6 de maio o Correlingua celebrarase en Compostela con saída ás 11 e remate ás 13:15 do mesmo punto,  a praza da Quintana. Presentará a festa final Isabel Risco e actuará a cantautora cambadesa Pauliña.

Volver