
Hoxe constituíuse a Mesa Sectorial de ensino non universitario de acordo cos resultados electorais das eleccións celebradas en 2010
Despois de máis dun ano da celebración das eleccións constituíuse a nova mesa sectorial, con quince membros na parte sindical
A CIG-Ensino solicitou da Consellaría que, co inicio dun novo período, se producise un cambio de actitude por parte da Administración na Mesa Sectorial.
De acordo con iso, a CIG-Ensino propuxo que, como primeira medida, se fixe un calendario de temas a negociar.
Ademais Educación debe dar resposta a todos os temas presentados, onde presentamos cuestión que non están na orde do día e que lle preocupan ao profesorado.
Ao mesmo tempo reclamamos que as mesas sexan un auténtico órgano de negociación.
Distribución dos 15 membros da mesa sectorial:
CIG-Ensino - 7
UGT - 3
CCOO - 3
ANPE - 2