
Hoxe 10 de marzo debátese no Parlamento a ILP en defensa dos dereitos do profesorado e do ensino público
A sesión parlamentaria pode ser seguida en directo ou en diferido na web do Parlamento
O vindeiro día 10 de marzo está prevista a sesión parlamentaria en que se debata a ILP coa que a CIG-Ensino vai reclamar unha lei de educación galega, a derrogación da LOMCE, un ensino laico, a restitución dos nosos dereitos profesionais e retributivos, a mellora da calidade do ensino, a recuperación dos servizos complementarios, a derrogación do Decreto de Plurilingüismo e a galeguización do ensino entre outros moitos temas, todos eles destinados á restitución dos nosos dereitos e á mellora da calidade do ensino. Podedes ler o CIG-Informa e o texto completo da ILP na seguinte LIGAZÓN
As sesións parlamentarias poden ser seguidas en directo, o que podedes facer accedendo a esta LIGAZÓN na web do Parlamento: nese mesmo enlace podedes consultar a sesión en diferido.
A sesión parlamentaria comeza ás 10 da mañá e o debate sobre a ILP é a segunda parte do 1º punto da orde do día, polo que previsiblemente será debatida sobre as 11 da mañá.
Posteriormente remitiremos unha información sobre o resultado do debate e o seu desenvolvemento.
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, será o que, en nome da Comisión Promotora, presente e defenda esta ILP.