Fondo de Acción Social 2019
Toda a información do FAS
Ligazón á páxina web do FAS
Listaxes definitivas
RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019 pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas (DOG do 28 de novembro de 2019). Ligazón
Listado provisional
Resolución anunciando a publicación das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas. Ligazón
Convocatoria 2019
RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ordena a publicación dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2018 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. (DOG 02/09/2019)
As persoas solicitantes deben completar en liña a solicitude e anexos na web específica para o FAS
Prazos
- Xeración de solicitudes e presentación nos centros educativos: do 2 ao 18 de setembro de 2019
- Certificación das solicitudes por parte dos equipos directivos e devolución ás persoas solicitantes: até o 25 de setembro de 2019
- Presentación por rexistro: até o 2 de outubro
Importe da axuda
Discapacidade do 33 % ao 64 % |
1.560 euros (130 €/mes) |
Discapacidade do 65 % ao 74 % |
1.800 euros (150 €/mes) |
Discapacidade desde o 75 % |
2.160 euros (180 €/mes) |
No caso de que a cualificación da discapacidade fose posterior ao 1.1.2018, ratearase a contía da dita axuda. No FAS do ano próximo a axuda incrementarase até os 180 en todos os casos.
Información sobre a negociación desta axuda e posición da CIG ao respecto.
Podes consultar cal foi a posición da CIG na negociación e a nosa protesta pola negativa da Xunta a recuperarmos o FAS na súa integridade (levamos perdidos máis de 57 millóns de euros nas diferentes partidas do PAS anuladas polo goberno Feijóo).
Negociación do FAS: ligazón
Críticas polos prazos da Xunta na publicación do FAS deste ano, que chega con meses de retraso: ligazón