
FOLGA XERAL NO ENSINO!!!
O 9 de marzo todas e todos á folga contra a LOMCE e os recortes e por unha Lei Galega de Educación
9 de marzo, ás 11:30h, participa nas mobilizacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público:
☆ A Coruña: Praza de Vigo
☆ Santiago: Alameda
☆ Ferrol: Praza de España
☆ Ribeira: diante do IES Nº1
☆ Lugo: Praza da Horta do Seminario
☆ Ourense: Subdelegación do Goberno
☆ Pontevedra: Praza da Peregrina
☆ Vigo: Praza América
☆ Vilagarcía: Praza de Galiza
Non á LOMCE! Non aos recortes!
Lei galega de educación!
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público acordou convocar folga para o día 9 de marzo en todos os niveis educativos do ensino de Galiza, mantendo as nosas reivindicacións e accións propias que dan continuidade ás que xa vimos realizando.
A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público está comprometida en continuar na loita contra a LOMCE até a súa derrogación de nitiva e en paralizar os recortes que están desmantelando o ensino público.
Temos razóns mais que sobradas para denunciar o engano e a farsa que supón o punto de arranque do chamado “pacto pola educación” proposto polo PP, cuxo obxectivo non é outro que consolidar os principios e fundamentos da LOMCE, revestidos agora da auréola do “pacto pola educación”.
CIG Informa sobre a Convocatoria
Ligazón á nova da rolda de prensa de convocatoria da folga