FOLGA nas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galiza para os días 9 e 10 de setembro co obxecto de que a Consellaría de Educación retire a circular.
FOLGA nas Escolas Oficiais de Idiomas
CIG-Informa de convocatoria da Folga CIG-Informa de convocatoria da Folga
As organizacións sindicais CIG, CCOO, FETE-UGT e STEG temos intención de convocar á folga ao persoal docente das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) de Galiza para os días 9 e 10 de setembro co obxecto de que a Consellaría de Educación retire a circular das EEOOII
En consecuencia, os motivos nos que nos fundamentamos para convocar a folga son:
Exixir a retirada da circular 5/2009, por non estar negociada, implicar un retroceso significativo na calidade do ensino dos idiomas e empeorar as condicións de traballo do profesorado. Esta circular ven a substituír a circular 10/2004, negociada na Mesa Sectorial no ano 2004 e sobre a cal as Escolas Oficiais de Idiomas xa estaban organizando o próximo curso por indicación das propia inspección educativa.
Por non negociar, como é preceptivo, na Mesa Sectorial todas aquelas cuestións que afecten ás condicións de traballo do profesorado. A circular 5/2009 supón un retroceso importante no horario lectivo complementario e nas reducións horarias por desempeño de diferentes funcións e cometidos nos centros, fixados na circular 10/4004 e no ROC.
Con está circular a Consellaría pretende que, con carácter xeral, todo o profesorado imparta docencia a catro grupos ordinarios, traendo como consecuencia a reestruturación drástica do número de profesorado. Si se pasa de 3 a 4 grupossobra o 30 % do cadro de persoal e desaparecen as horas lectivas complementarias (unhas clases complementarias de reforzo de destrezas, hoxe máis necesarias ca nunca).
Agardamos que o Conselleiro de Educación rectifique, retire a circular 5/2009 e, en todo caso, abra un proceso de negociación; única maneira de impedir a Folga.
CIG-Informa de convocatoria da Folga CIG-Informa de convocatoria da Folga