FOLGA 8 DE XUÑO: Mobilízate contra as medidas antisociais e inxustas anunciadas polo goberno! En defensa dos salarios, do emprego e dos servizos públicos!

FOLGA 8 DE XUÑO

Ante o anuncio feito polo presidente do goberno español, Sr. Zapatero, de levar a cabo medidas antisociais e rebaixar nun 5% os salarios das empregadas/os públicos, na CIG confirmamos, unha vez máis, que esta era unha das medidas que se ían aplicar no sector público para seguir coa campaña iniciada de precarización e desprestixio do servizos públicos, e a xustifi cación perfecta para tomar medidas cada día máis regresivas no eido laboral. Ante a gravidade destes feitos, desde a CIG, unha vez que tivemos coñecemento disto, convocamos a todas as organización sindicais para que en pé de igualdade elaborásemos un calendario de mobilizacións co obxectivo de parar as medidas impulsadas polo goberno español. As organización sindicais CCOO, UGT e CSIF non asistiron a reunión feita pola CIG, convocándonos, con posterioridade, a unha reunión que, a pesares de eles non ter asistido a nosa, acudimos a ela.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas