Éxito do paro de brazos caídos en todo o país

Paro masivo nos centros escolares contra os recortes no ensino público

A CIG-Ensino valora a alta participación de todo o profesorado do país no paro de brazos caídos que tivo lugar hoxe de 10 a 10.30 h. As mobilizacións continúan mañá coa convocatoria de folga xeral.

A CIG-Ensino comprobou que o paro previsto para hoxe, martes día 20, en todos os centros escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria tivo un seguimento masivo. Practicamente en todos os centros escolares se realizou unha parada de 30 minutos, entre as 10 e as 10:30, como medida de protesta contra as continuas agresións que está a sufrir o profesorado. En moitos centros o paro foi apoiado polo 100% do profesorado.

 Os centros tocaron o timbre de xeito extraordinario ás 10 da mañá. Entón profesorado e alumnado saíron ao patio, alí os rapaces e rapazas sentaron, mentres o profesorado lles explicaba os motivos do paro e que repercusións ten para o alumnado e o ensino en xeral a modificación da xornada de traballo. Explicaron que ao incrementarse o número de horas lectivas na súa xornada que mantén unha duración de 37,5 horas, non poderán dedicarlle o mesmo tempo ca antes á biblioteca, aos programas de mellora do fracaso escolar ou da convivencia… ou que por mor dos recortes de profesorado este ano non se lles puideron ofertar o mesmo número de optativas.

 En moitos centros lucían pancartas que visibilizaban de cara á rúa as mobilizacións do profesorado, nelas puido lerse: “Pola defensa do ensino público, non aos recortes”, 

 “Necesitamos máis profesorado xa” ou “pola calidade do ensino público”. O profesorado responde así aos continuos recortes que o Ensino está a sufrir e á modificación do seu horario lectivo e funcións que implican unha perda de calidade do ensino.  

 Mañá, día 21, o profesorado está chamado á primeira das dúas xornadas de folga. Polos datos recibidos, a CIG-Ensino prevé que a participación será moi elevada, pois xa neste momento temos datos de moitos centros en que se superará o 75% da participación.

Coincidindo coa xornada de folga, ás 11:30 h. sairá da Alameda de Compostela unha manifestación que percorrerá as rúas de Santiago até a Consellaría de Educación, onde o profesorado galego manifestará a súa oposición á modificación do horario lectivo e denunciará os recortes no ensino.

Galería de fotos

  • Éxito do paro de brazos caídos en todo o país

Volver