Éxito das concentracións esixindo a negociación por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

O 30 de outubro xa fora entregado un documento esixindo a convocatoria da mesa de negociación

A CIG Ensino considera un éxito as concentracións nos centros de traballo do Consorcio Galego de igualdade e benestar esixindo a convocatoria da mesa de negociación

A CIG Ensino considera un éxito as concentracións nos centros de traballo do Consorcio Galego de igualdade e benestar esixindo a convocatoria da mesa de negociación.

Esta esixencia tamén foi presentada nunha concentración de delegadas e delegados da CIG o día 30 de outubro diante da sede do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

O puntos a negociar son:

  • A aplicación do V Convenio Laboral incluídas as retribucións.
  • O Mantemento de todos os postos de traballo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar na integración na Axencia Galega de Servizos Sociais.
  • A Continuidade das traballadoras e traballadores do Plan de Inclusión a partires de 2013.
  • A transparencia e publicidade na xestión das listas de agarda.
  • A autorización para a realización de permutas entre as traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
  • A restauración dos salarios e das pagas extraordinarias completas.

Nesta galería podedes ver fotografías dalgunhas das concentracións.

Ligazón para as e os que non teñades flash instalado, ou para ver as fotos desde dispositivos móbiles.

Volver