Éxito da folga do profesorado do ensino privado concertado contra a eliminación da xornada continua reducida nos meses de xuño e setembro

Celendario Escolar

A CIG-Ensino fai unha valoración moi positiva da folga no ensino privado concertado e a manifestación celebrada hoxe contra a imposición do calendario escolar eliminando a xornada continua reducida dos meses de xuño e setembro, secundando a convocatoria de todas as organizacións sindicais do sector.

Non houbo clase na maioría dos centros e a  participación do profesorado na folga chegou até un 90%, asistindo unha nutrida representación á concentración que tivo lugar diante de San Caetano con máis de 2000 persoas.

Isto confirma o rexeitamento que o calendario escolar imposto pola Consellería ten entre o profesorado, tamén no ensino privado concertado, e que debera levar á Conselleira a rectificar na súa intransixencia e restablecer a xornada que viña funcionando até o de agora.

            Neste sentido a CIG-Ensino vai seguir adiante coa súa campaña en contra deste tipo de xornada e seguirá mantendo mobilizacións até cumprir este obxectivo.

Volver