Esiximos melloras laborais e salariais para os traballadores Galegos afectados polo Convenio de Discapacidade

Polas melloras laborais: Convenio Galego de Discapacidade

Denunciamos as condicións precarias que sofren os traballadores/as dos centros galegos afectados polo XII Convenio Colectivo estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade. Ista precariedade conduce a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora dos seus recursos materiais e humanos, en vez de centrarse en criterios de rendibilidade.

Polas melloras laborais: Convenio Galego

Esiximos melloras laborais e salariais para os traballadores Galegos afectados polo Convenio de Discapacidade

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia denunciamos as condicións precarias que sofren os traballadores/as dos centros galegos afectados polo XII Convenio Colectivo estatal de Centros de Atención a Persoas con Discapacidade. Ista precariedade conduce a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora  dos  seus recursos materiais e humanos, en vez de centrarse en criterios de rendibilidade.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia rexeitamos o actual convenio estatal cuxas condións impiden aos traballadres realizar o seu labor dun xeito digno, establecendo ademais unha clasificación arbitraria do persoal baseada nas tres tipoloxías de centros e ignorando o Sistema Nacional de Cualificacións.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia denunciamos a falla de rigor e seriedade na negociación do XIII Convenio, o que está producindo a súa paralización.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia consideramos que non se están a ter en conta as características específicas destes centros en Galicia nin, consecuentemente, as condicións laborais propias dos traballadores galegos, que ven así limitada a súa capacidade de influír no proceso negociador.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia, dado que as competencias sobre as subvencións con que se financian estes centros están transferidas á Administración Galega, demandamos as patronais do sector o inicio dunhas negociacións que nos permitan acadar un convenio propio que mellore substancialmente as condicións recollidas no convenio estatal e instamos á Administración Galega a que intermedie para facer efectiva esta proposta.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia solicitamos á Administración Galega o control exhaustivo das subvencións recibidas por este tipo de centros.

CIG-ENSINO e FETE-UGT Galicia manifestamos que iniciaremos un proceso de mobilizacións cunha concentración o día 4 de marzo ás 12:00 horas na Praza de Cervantes en Santiago de Compostela.

Volver