
Esiximos a Consellaría de Educación o pago inmediato das mensualidades adebedadas aos lectores das Escolas Oficias de Idiomas
EOIs e Impago dos lectores
Queremos denunciar que todos os lectores/as levan meses sufrindo irregularidades nos pagos e así, até finais de xaneiro non comezaron percibir as retribucións que lles correspondían desde o inicio do curso; a finais de marzo, pagáronlles os meses de xaneiro e febreiro. Neste momento seguen sen ter os pagos ao día.
A CIG esixe da Consellaría de Educación o pago inmediato das mensualidades adebedadas aos lectores das Escolas Oficias de Idiomas e denuncia a súa ineficacia
A CIG-Ensino esixe da Consellaría de Educación o pago inmediato das mensualidades adebedadas ás lectoras e aos lectores das Escolas Oficias de Idiomas.
Queremos denunciar que todos os lectores/as levan meses sufrindo irregularidades nos pagos e así, até finais de xaneiro non comezaron percibir as retribucións que lles correspondían desde o inicio do curso; a finais de marzo, pagáronlles os meses de xaneiro e febreiro. Neste momento seguen sen ter os pagos ao día.
A CIG-Ensino recibiu a queixa deste profesorado. Moitos deles non continuarán o curso que vén, por mor desta situación de atraso nos pagamentos e ineficacia por parte da Consellaría. Algúns optaron xa por renunciar aos seus postos e non rematar o curso, é o caso da Escola de Vigo, na que xa renunciaron 3 dos seis lectores.
As lectoras e os lectores afectados dirixíronse á Consellaría para procurar unha solución ao seu problema e que se corrixise o atraso nos pagos, mais nada se resolveu.
A CIG-Ensino denuncia a actitude da Consellaría que, en contra do declarado nestes meses no seu afán propagandístico, está a actuar con ineficacia e criterios economicistas dentro da súa liña de ataque ao ensino público. E así, no caso das Escolas Oficiais de Idiomas, a imposición dunha circular non negociada, que se traduciu na perda de profesorado para os centros, dando lugar a que a propia Consellaría dese intrusións a través da inspección para que se eliminasen determinadas unidades e cursos, co consecuente prexuízo para o alumnado das Escolas, súmase agora esta actitude neglixente que está a ter xa consecuencias graves, e que vai en detrimento do funcionamento das Escolas.
A CIG –Ensino esixe que se corrixa de inmediato esta situación e reclama da Consellaría que, no canto de dedicar o tempo e o diñeiro á propaganda, rectifique e comece xestionar debidamente o departamento de Educación.