
Entrevista da CIG-Ensino co Ministro de Educación
A CIG-Ensino presentaralle ao Ministerio as súas propostas
A CIG-ENSINO ENTREVÍSTASE CO MINISTRO DE EDUCACIÓN
O próximo luns, día 22 de febreiro, a CIG-Ensino entrevístase co Ministro de Educación, asistindo o secretario nacional, Anxo Louzao, e o responsábel de relacións institucionais, Duarte Correa.
Nesta reunión, a CIG-Ensino, entre outras cuestións, vaille trasladar ao Sr. Gabilondo a nosa preocupación sobre a proposta de pacto pola educación, xa que non supón unha aposta inequívoca polo ensino público, afonda na privatización, retrae competencias ás distintas administracións educativas e non ten en conta a realidade plurinacional e plurilingüe do Estado Español. Non se recollen tampouco propostas que valoren, na súa xusta medida, o recoñecemento social da función docente.
A CIG-Ensino reclamaralle ao Ministro de Educación a necesidade de manter, con carácter indefinido, a posibilidade de xubilarse aos 60 anos, dereito que o profesorado vén exercendo desde hai 20 anos e que, segundo a disposición transitoria segunda da LOE, remata o vindeiro ano.
Así mesmo formularémoslle ao Sr. Gabilondo a necesidade de que o futuro Estatuto Básico da Función Docente se cinga, exclusivamente, ao marco estatal para que non nos impida ter un Estatuto Galego do Profesorado.
O luns darase conta do resultado desta entrevista