• correlingua lugo 19 (1).jpg
  • correlingua lugo 19 (2).jpg
  • correlingua lugo 19 (3).jpg
  • correlingua lugo 19 (4).jpg
  • correlingua lugo 19 (5).jpg
  • correlingua lugo 19 (6).jpg
  • correlingua lugo 19 (7).jpg
  • correlingua lugo 19 (8).jpg

En Lugo a rapazada tamén berrou "O galego é a fórmula" no Correlingua 2019

En total 20 centros e 1.200 alumnos e alumnas, a maioría de Secundaria, participaron na marcha pola nosa lingua en Lugo

A carreira percorreu as rúas da cidade e deu unha volta á Muralla con chegada e saída na praza de Santa María. 

Posteriormente celebrouse unha festa presentada por Luís O Caruncho, na que o alumnado de 1º ESO do IES J. Trapero Pardo de Castro Ribeiras de Lea leu o manifesto gañador deste ano, o estudantado do CEIP Albeiros, que gañou o concurso de vídeo do Correlingua 2019 tamén tivo unha actuación e celebrouse un concurso coa súa posterior entrega de premios das mellores pancartas cos seguintes resultados:

3º premio: Ceip Albeiros
2º premio: CPI Cervantes
1º premio: Ceip Manuel Mallo Mallo

A Mesa pola Normalización Lingüística, a AS-PG e a CIG-Ensino, organizadoras deste XIX Correlingua agradecen a participación entusiasta de todo o alumnado e profesorado tanto nesta edición como nas anteriores dunha actividade lúdico-reivindicativa que este ano tivo como pratogonista a Química. Baixo o lema "O galego é a fórmula", a rapazada participante elaborou pancartas e fixo referencia á necesidade de manter a nosa lingua como unha fórmula maxistral e de prestixiala dentro das materias e das ramas de coñecemento científicas.

Volver