
En defensa do ensino público galego, opoñémonos ao RD Lei 14/2012 e demandamos que a Consellaría de Educación non aplique estes recortes
Comunicado conxunto das organizacións sindicais do ensino público reunidas hoxe en Santiago
Denunciar que o ensino público galego sufriu até o de agora reiterados recortes que se traduciron na perda de profesorado, empeoramento das condicións laborais e redución da dotación dos centros. Esiximos, por tanto, que a Consellaría de Educación non aplique en ningún caso, ningunha das medidas recollidas no RD Lei.
Para reclamar da Consellaría que recorra e non aplique o RD Lei, as organizacións sindicais asinantes acordamos realizar as seguintes mobilizacións:
Concentración das e dos delegados sindicais ante a Consellaría de Educación o día 2 de maio, ás 11:30 horas, en defensa do ensino público e contra os recortes en Educación.
Promover propostas de resolucións das Xuntas de Persoal e dos claustros de profesorado esixindo que a Consellaría de Educación non aplique estas medidas.
As organizacións sindicais do ensino anuncian que, de ser preciso, convocarán o profesorado ás mobilizacións necesarias en contra dos recortes e en defensa do ensino público.
CIG-ENSINO CCOO-ENSINO FETE-UGT ANPE STEG CSI-F
Santiago, 24 de abril de 2012