Educación deixa sen profesorado substituto aos docentes que participan na valoración de méritos do Concurso de Traslados
Convoca ao profesorado en plenos exames a unha Comisión e deixa os centros sen substitutos e substitutas
A Consellaría ven de constituír a Comisión sen nomear docentes substitutos/as para o profesorado que forma parte dela. A CIG-Ensino quere denunciar a irresponsabilidade da Consellaría de Educación que, en plenas datas da primeira avaliación do curso, obriga ao profesorado a ausentarse do centro sen importarlle o desenvolvemento da avaliación.
Por outra parte a Consellaría tampouco convocou formalmente as organizacións sindicais que teñen dereito a formar parte da propia comisión. Toda este desatino lévanos a exixir que se pospoña o funcionamento da comisión para despois das vacacións de Nadal e que se nomeen substitutos/as para o profesorado que forma parte dela.