Educación confirma que as oposicións comezarán o 23 de xuño

No corpo de mestres desenvolveranse as dúas partes da primeira proba o 23 de xuño, nas especilidades de secundaria e de FP a segunda parte da 1ª proba será o 27 de xuño

A Consellaría de Educación trasladou na Mesa Sectorial que as oposicións comezarán o 23 de xuño e rematarán, previsiblemente, o 22 de xullo. Nas especialidades do corpo de secundaria e de profesores técnicos da formación profesional, o 23 de xuño terá lugar a presentación e a realización da primeira parte da primeira proba e o 27 de xuño está prevista a segunda parte da 1ª proba. No caso das especialidades do corpo de mestres a Consellaría de Educación vén de aclararnos, hoxe mércores 1 de xuño, que as dúas partes da primeira proba se desenvolveran o mesmo día 23 de xuño.

Volver