Día da Ciencia en Galego, 4 de novembro

Un idioma apto para falar de todo e unha Consellería inepta para entendelo

O pasado 18 de xuño, organizado pola CIG-Ensino e Queremos Galego!, realizouse un encontro baixo o título “Sumemos en Galego” no que se reafirmaba a vontade do profesorado das materias da área científico-técnica de continuar a dar aulas na nosa lingua a pesares dos atrancos e prohibicións que impuña a Consellaría de Educación. Nesa xornada aprobouse unha resolución conforme se celebraría un día da ciencia co fin de afirmar a idoneidade da nosa lingua para estas materias que pretende excluír a Xunta co fin de promover o desprestixio do galego, que non queren ver asociados a contidos vinculados coa modernidade e coas novas tecnoloxías. Finalmente acordouse entre diferentes entidades interesadas que a data de celebración sería o 4 de novembro. Animamos a todo o profesorado a desenvolver actividades a prol da ciencia galega e da ciencia en galego nesta xornada para que serva para reivindicar a normalización da nosa lingua e combater os prexuízos e a marxinación á que a queren someter.

ciencia en galego

Podes descargar o cartel en pdf nesta ligazón

Podes atopar recursos en galego para a área de ciencias na nosa páxina de recursos didácticos nesta ligazón

Para a páxina web do día da ciencia: www.cienciaengalego.org

Volver