Desaloxo dos delegados e delegadas pechados/as no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Esiximos que se poña data xa para as negociacións

As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 28 de abril, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.
Desaloxo dos delegados e delegadas pechados/as no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar 

Desaloxo dos delegados e delegadas pechados/as no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar from cig-ensino on Vimeo.


As delegadas e delegados do Consorcio de servizos de Igualdade e Benestar, pechados hoxe, 28 de abril, desde as 11:30 até que as 13:00 horas, foron desaloxados pola policía por orde do Xerente do Consorcio.
Este peche é debido a que desde hai tres meses a Xerencia do Consorcio está a adiar unha xuntanza de negociación á cal se comprometeu.
Cómpre lembrar que está sen aplicar o convenio, paralizadas as oposicións e por enriba veñen de facerse declaracións nas que se pon en dúbida a continuidade do propio ente público.
Neste marco, a administración négase a recibir, informar e negociar cos traballadores e traballadoras, cunha actitude desprezativa e insensíbel co colectivo de empregados/as, máis tamén co conxunto dos usuarios destes servizos esenciais para o benestar do noso País.
O xeito irresponsábel e totalitario de actuar na xestión destes servizos só se pode entender desde a óptica privatizadora que están a aplicar para sacar beneficio destas actividades, tratando o persoal como mercadoría e non como traballadores e traballadoras con dereitos.

Escrito entregado no Consorcio

Volver