A CIG, coincidindo coa reunión da Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, levou a cabo unha concentración, despregando pancartas no interior e exterior do Pazo de Congresos e Exposicións, para denunciar o proceso de privatización que está a sufrir o Consorcio, o incumprimento do convenio, parálise das probas de acceso e despedimento de traballadores/as.
Delegados e delegadas das traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Igualdade
e Benestar denuncian a privatización e precariedade do mesmo durante a Asemblea Xeral
A CIG, coincidindo coa reunión da Asemblea Xeral do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, levou a cabo unha concentración, despregando pancartas no interior e exterior do Pazo de Congresos e Exposicións, para denunciar o proceso de privatización que está a sufrir o Consorcio, o incumprimento do convenio, parálise das probas de acceso e despedimento de traballadores/as. A actitude da Conselleira segue a ser de negarse a recibir os representantes dos traballadores/as a pesar de tres folgas e centos de mobilizacións para reivindicar uns servizos sociais públicos de calidade e condicións laborais dignas.