Delegados/as da CIG-Ensino concentráronse diante da Consellaría de Educación para exixir o restabelecemento da xornada reducida en xuño e setembro nos centros de ensino de Infantil, Primaria e CPIs

Calendario Escolar

A existencia dunha xornada reducida nos meses de xuño e setembro foi considerada desde sempre a xornada máis axeitada para o alumnado e así se vén recollendo ao longo dos anos. Debemos saber que o ensino de Infantil e de Primaria en Galiza ten, na actualidade, un horario lectivo, para o alumnado e para o profesorado, superior aos países do noso contorno e que é o tipo de xornada reducida maioritaria noutros territorios do Estado.
Delegados/as da CIG-Ensino concentráronse diante da Consellaría de Educación para exixir o restabelecemento da xornada reducida en xuño e setembro nos centros de ensino de Infantil, Primaria e CPIs
 
A existencia dunha xornada reducida nos meses de xuño e setembro foi considerada desde sempre a xornada máis axeitada para o alumnado e así se vén recollendo ao longo dos anos.
 
Debemos saber que o ensino de Infantil e de Primaria en Galiza ten, na actualidade, un horario lectivo, para o alumnado e para o profesorado, superior aos países do noso contorno e que é o tipo de xornada reducida maioritaria noutros territorios do Estado.
 
A Consellaría de Educación coa súa posición evidencia un total desprezo á demanda maioritaria do profesorado que na consulta realizada pola CIG-Ensino nos centros de EI, EP e CPIs na que o 78,55% do profesorado de infantil e primaria (8.548 profesores de 10.871 afectados) lle exixía o mantemento da xornada reducida de 4 horas durante os meses de xuño e setembro.
 
Resulta, tamén, inxustificábel a actitude antidemocrática de ANPE, CCOO e UGT que apoiaron explicitamente a posición da Consellaría en contra da decisión maioritaria do profesorado.
 
A CIG-Ensino fixo entrega dun escrito dirixido á Consellaría para que restabeleza a xornada de xuño e setembro para o vindeiro curso.

Volver