Delegadas e delegados da CIG Ensino e demais organizacións sindicais mantiveron un peche na Consellaría en defensa do ensino público galego e en contra dos recortes.

Este peche forma parte das mobilizacións acordadas polas organizacións sindicais para seguir reclamando a retirada da orde de 28 de xuño

Ás 14:50 as e os 150 delegadas e delegados da CIG Ensino e doutras organización sindicais foron desaloxados da Consellaría de Educación, sendo obrigados a abandonar o peche iniciado ás 11:30 horas para esixir ser recibidos polo Conselleiro.

Este peche forma parte das mobilizacións acordadas polas organizacións sindicais para seguir reclamando a retirada da orde de 28 de xuño, pola que se ampliou o horario lectivo e as funcións do profesorado, unha orde que foi rexeitada por máis 95% do profesorado, que deixou constancia da súa oposición a esta orde e as súas consecuencias no referendo do 25 de outubro de 2011.

O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, manifestou que continuaremos coas mobilizacións para reclamar a retirada da orde de 28 de xuño. Este desaloxo é unha mostra máis da actitude do Conselleiro: despois de seis meses, malia as permanentes mobilizacións do profesorado, continúa sen recibirnos e segue adiante coa súa política de recortes do profesorado. Unha vez máis, o Conselleiro non tivo a ben recibirnos, dando como única resposta ordenar á policía desaloxarnos. Mentres, o Conselleiro segue instalado no deterioro do ensino público: ao día de hoxe son máis de 140 as baixas de profesorado que están sen cubrir, máis de 60 prazas de orientación van ser suprimidas,  1000 profesores suprimidos no inicio de curso, un posíbel incremento en máis de 500 profesores menos para o curso que vén, e os orzamentos da Consellaría que continúan mermándose prevéndose 12 millóns de euros menos para 2012, mentres o Ensino privado concertado recibe o 13% dos orzamentos para o ensino non universitario.

As e os delegados sindicais pechados ante o Despacho do Conselleiro berraron  consignas reclamando a demisión do Conselleiro e a retirada da orde e un ensino público e de calidade:

Feijoo austero, recorta o Conselleiro

Vázquez demite, o ensino non te admite

  • Delegadas e delegados da CIG Ensino e demais organizacións sindicais mantiveron un peche na Consellaría en defensa do ensino público galego e en contra dos recortes.
  • Delegadas e delegados da CIG Ensino e demais organizacións sindicais mantiveron un peche na Consellaría en defensa do ensino público galego e en contra dos recortes.
  • Delegadas e delegados da CIG Ensino e demais organizacións sindicais mantiveron un peche na Consellaría en defensa do ensino público galego e en contra dos recortes.

Volver