Delegadas e delegados da CIG concentráronse diante do Consorcio Galego de igualdade e Benestar

Concentráronse en contra da privatización das escolas infantís (Galiñas Azuís) e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio e en defensa da consolidación dos postos de traballo

A concentración forma parte dunha serie de mobilizacións que terán a súa continuidade o próximo sábado 25 de abril cunha manifestación nacional en Compostela. A CIG agarda que antes desta mobilización o Xerente do Consorcio reciba ás representantes das traballadoras e traballadores para dar resposta á situación de inseguridade na que se atopan.

Concentráronse en contra da privatización das escolas infantís (Galiñas Azuís) e centros de día, en demanda da aplicación do Convenio e en defensa da consolidación dos postos de traballo

As delegadas e delegados do Consorcio pretenderon ser recibidas polo Xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, e ante a súa ausencia (repetida concentración tras concentración) aceptaron ser recibidas polo Xerente Adxunto da Área de Benestar.

Anxo Louzao, secretario nacional da CIG Ensino trasladou as seguinte peticións:

1. Que se inicie un proceso negociador para aplicar a todo o persoal do Consorcio o Convenio único de persoal laboral da Xunta de Galicia como primeira medida.

2. Que todos os centros de nova apertura sexan de xestión pública e por tanto dependan directamente da Administración, incluídos os centros para os que xa se convocou a licitación da xestión privada.

Que se manteña o carácter público de todos os centros da rede así como o mantemento de todos os postos de traballo existentes a día de hoxe e se garanta a estabilidade de todas as traballadoras e traballadores.

Dada a situación na que se atopan as traballadoras e traballadores do Consorcio, a CIG mantén a convocatoria de manifestación que sairá, o sábado 25 de febreiro da Praza do Toural (Compostela) ás 11:00. Tras da manifestación  celebrarase unha asemblea na Escola de Maxisterio.

En todo caso a CIG agarda que antes desta mobilización o Xerente do Consorcio reciba ás representantes das traballadoras e traballadores para dar resposta ás situación inseguridade na que se atopan.

Volver