Defendamos o sector público fronte aos recortes e precarización: FOLGA 8 DE XUÑO

FOLGA 8 DE XUÑO

Cómpre lembrar que a situación actual de crise económica é produto da desregulación dos mercados que facilitou os movementos especulativos, respondendo así a unha concepción neoliberal da economía que sostén a necesidade de privatizar os servizos e desmantelar o sector público. Diante disto, en lugar de corrixir esta política que nos levou ao desastre económico, o goberno español está a tomar medidas que afondan nos mesmos erros, incidindo no deterioro da administración coa conxelación das ofertas de emprego público, externalización de servizos e, finalmente, coa pretensión da redución dos salarios dos empregados e empregadas públicos/as.

Ligazón

Volver

Novas relacionadas