Declaracións de Anxo Louzao sobre a Oferta de Emprego Público 2011
A CIG-Ensino cualifica a oferta de emprego de raquítica, insuficientes e inasumíbel e denuncia un ERE encuberto no Ensino público
Hoxe, tivo lugar a Mesa Sectorial para tratar a Oferta Pública de Emprego da Consellaría de Educación para este ano 2011. A proposta presentada pola Consellaría é a seguinte:
Corpo de mestres |
Artes plásticas e deseño |
||
EI |
100 |
Debuxo artístico |
4 |
EP |
150 |
Deseño de interiores |
6 |
Deseño gráfico |
4 |
||
Medios informáticos |
4 |
Esta proposta é absolutamente insuficiente e non dará cobertura ás 1012 xubilacións anticipadas, 338 en Secundaria e 674 en Primaria.
A oferta presentada, que é a menor dos últimos anos, terá consecuencias negativas para o ensino, pois vai dar lugar ao incremento de profesorado interino, imposibilitará a redución de rateos, incrementará a impartición de afíns, dará lugar a cadros de persoal máis inestábeis nos centros de ensino que verán negadas unha vez máis as súas xustificadas demandas de profesorado, cadros de persoal insuficientes para aplicar a redución horaria de maiores de 55 anos, atención á diversidade, … unha oferta como esta só vai dar facilidades para reducir postos de traballo nos centros, como xa vén facendo esta Consellaría e como admitiu o propio Conselleiro en comparecencia parlamentaria. Así, o que subxace na explicación dunha oferta coma esta, é a intencionalidade de desprestixiar o ensino público en beneficio do privado, concertando novas unidades.
Esta oferta non só non crea emprego, algo que debería ser un imperativo para a Administración galega nestes tempos, senón que nin sequera mantén o existente, pois está a convocarse o 25% das prazas xeradas por xubilación, e iso malia ter aprobado unha Lei de Orzamentos que no seu artigo 29 prevía que no Ensino se poderían convocar todos os postos xerados por xubilación anticipada, algo fundamental porque estamos a falar do mantemento dun servizo público básico. É dicir, a Consellaría incumpre a súa propia lexislación e négase a crear emprego. Na realidade estamos ante un ERE encuberto na Ensino público.
Cómpre lembrar, ademais, que este é a última convocatoria deste proceso transitorio e isto fai máis urxente a negociación dun acordo de estabilidade para o profesorado interino, que en moitos casos ten moitos anos servizo e nin sequera contaron con todas as convocatorias previstas no modelo transitorio.
A CIG-Ensino criticou tamén o atraso na presentación da oferta de emprego público, un mes máis tarde có ano pasado, e o abuso da propaganda por parte do Conselleiro que se atreveu a anunciar a oferta de emprego público antes, mesmo, de ser convocada esta mesa en que se debe decidir sobre como será esa oferta.
A CIG-Ensino esixiu que se oferte o 100% das prazas xeradas por xubilación, de acordo co recollido na Lei de Orzamentos de Galiza, e, por tanto, que se realice oferta en Secundaria, incluíndo FP, Conservatorios, EEOOII, máxime cando hai dous anos xa non houbo oferta ningunha. A CIG-Ensino criticou contundentemente que esta oferta de emprego vai supor non satisfacer as demandas dos centros para que todo o alumnado galego teña un ensino público de calidade