Datas principais do Calendario Escolar 2010-2011

Calendario Escolar

Nesta nova podes ver as datas definitivas despois da negociación na mesa sectorial.

Datas Principais do Calendario Escolar 2010-2011

Primaria: Comezo de curso o 10 de setembro e fin de curso o 22 de xuño
Secundaria: Comezo de curso o 17 de setembro e fin de curso o 23 de xuño

Mércores de Cinza non lectivo


Para a CIG hai unha cuestión que sigue sendo central, a recuperación da xornada matinal reducida. Nesta orde mantense ese cambio regresivo. A CIG propón a modificación do art. 10, que debe recoller o seguinte texto: "nos períodos comprendidos entre os días (inicio de curso) de setembro e 1 de outubro de 2010 e entre os días 1 e 22 de xuño de 2011 establecerase a xornada lectiva de catro horas en horario matinal nos centros que impartan educación infantil ou educación primaria, ou infantil e primaria, ou primaria e secundaria obrigatoria, ou infantil, primaria e secundaria obrigatoria, ou educación especial. Garantindo os servizos de comedor e transporte neste período".


Podedes ler o resto da información sobre o calendario escolar (EOIs, FP...) e a súa negociación na seguinte ligazón

 

 

Volver