Datas do concurso xeral de traslados e concilias e permutas para o profesorado interino
Temas tratados nos varios da mesa sectorial de hoxe 2 de marzo de 2017
Nesta nova incluiremos os varios da mesa sectorial celebrada hoxe 2 de marzo de 2017
Concilias e Permutas para persoal interino.
Xa na mesa anterior a CIG Ensino formulara que en concordancia coas sentenzas da Unión Europea o persoal interino debería poder participar nas Concilias, cousa á que a Administración se comprometeu. Nesta mesa volvemos recordarllo e a Administración comprometeuse a traer á mesa unha nova orde que recolla esta posibilidade.
En canto ás permutas entre persoal interino, a administración resposta o mesmo que na mesa anterior, que están estudando o tema mais non teñen resposta definitiva.
Datas do Concurso Xeral de Traslados.
Na mesa sectorial a administración anuncia que a publicación da resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados de secundaria sería o día 7 de marzo (tamén adultos en prazo de reclamación), mentras que a resolución provisional de primaria (tamén adultos e orientación) entre o 14 ou 15 de marzo.