Cuarta reunión no SIMA do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade

Novo aprazamento da mediación no SIMA ante o inmobilismo e involucionismo patronal, que segue contando co colaboracionismo e permisividade preocupantes das OO.SS estatais maioritarias

A 4ª reunión no SIMA do XVI convenio estatal de servizo e atención ás persoas con discapacidade, rematou cunha nova ACTA DE APRAZAMENTO para o 24 de xullo, logo de presentar unha nova proposta a patronal tal e como se quedara no anterior SIMA, que apenas ten avances sobre a anterior e si involucións futuras preocupantes, que foi rexeitada de novo pola CIG-Ensino.

As outras dúas OO.SS fixeron contrapropostas á baixa, que a CIG-Ensino non compartiu, pois bebe dos ditados das patronais, que xa non só queren pechar en falso o XVI convenio (de 2022 a 2024) cos dous acordos parciais miserentos asinados e unha adaptaión legal do mesmo, senón hipotecar os futuros convenios a negociar. O XVI convenio prorrogarase, abarcando mínimo 3 anos máis (que tería que ser o XVII de 2025-2027), ao pechar só esas novas táboas salariais trianuais e logo dende 2028 as revisións salariais serían anuais e en automático, sen ter que negociar un novo convenio.

Para máis información acode a calquera dos nos nosos locais.                   

Volver