Correlingua 2025

Anímate a participar!!

Chega outubro e o Correlingua comeza a súa andaina.

Xa estamos coa próxima edición, a do 2025, e en breve terás ao teu dispor na nosa páxina web e nas nosas redes sociais as diferentes actividades que ao longo do ano escolar fan que o Correlingua sexa unha ferramenta máis na carreira normalizadora do noso idioma.

Bota unha man desde o teu centro e axuda na escolla do lema do Correlingua 2025.

É moi sinxelo: escollede un lema e enviade un correo a correlingua@gmail.com antes do 21 de outubro.

AVANCE DE ACTIVIDADES CORRELINGUA 2025

Festas Correlingua

As festas celebraranse nas principais cidades do país en maio do 2025 e para participar nelas teredes que inscribirvos. Recibiredes un correo no mes de febreiro coas indicacións para facelo.

Regueifando!

Faremos unha gran regueifa colectiva.

Enviamos un titorial; creades e gravades 3 coplas na aula e mandámosllas ao seguinte centro para que continúe a súa viaxe. Ao final editamos un vídeo con todas as regueifas dos grupos participantes. Este é o resultado do traballo colectivo do 2024:
https://www.youtube.com/watch?v=mknWJCWneKo

Se queredes participar podedes enviar xa un correo a correlingua@gmail.com

Crealingua: concurso libre de creación artística en galego

Envíanos desde xaneiro a abril un vídeo, banda deseñada, radio, blogs, tik tok... do que ti queiras ao correo correlingua@gmail.com

O premio será unha clase maxistral nos meses de maio ou xuño cun/ha profesional do ámbito no que participe o grupo gañador.

Cantalingua

Concurso de música en galego.
Podes participar co teu alumnado da ESO como xurado deste concurso. Aquí podes escoitar as cancións dos grupos que participaron o ano pasado: https://correlingua.gal/cantalingua/cantalingua-2024/

Os 3 grupos gañadores serán os que animen as Festas do Correlingua.

Se queredes participar podedes enviar un correo a partir de xaneiro a correlingua@gmail.com

Desata a lingua

Queredes participar na creación do manifesto do Correlingua 2026?
Faremos obradoiros de escrita para 1º e 2º da ESO impartidos por escritoras  entre setembro e outubro do 2025. Participan un grupo de máximo 25 alumnos/as por centro. Só tedes que anotarvos a partir de maio enviando un correo a correlingua@gmail.com

 


NOTA IMPORTANTE: Adxudicación por orde de inscrición, prazas limitadas no Regueifando!, Desata a lingua e Cantalingua.

Volver