O Correlingua 2022 reúne en Cangas preto de 700 escolares
O Auditorio Municipal vibrou coa actuación de Pablo Díaz e banda
Fran Rei presentou a edición do Correlingua 2022 na que a participación foi numerosa e o desfrute do alumnado demostrou que o Galego ten futuro. O alumnado dos centros escolares da contorna xuntouse para compartir desde as once e media da mañá a festa desta edición.
Os centros educativos participantes foron o CEIP Reibón, o CEIP da Espiñeira, o CEIP O Hío, o CEIP Seara, a EEI de Verducedo, o CEIP Montemogos, o CEIP Abelendo, o CEIP San Roque de Darbo, o CEIP Domaio e o colexio Compañía de María.
PRÓXIMA FESTA DO CORRELINGUA
O venres 31 de maio ás 10:30 no Auditorio Municipal de Narón. Actuará Paco Nogueiras e o acto será presentado por Isabel Risco.