Convocadas as axudas sociosanitarias de MUFACE para o exercicio 2022

O prazo de solicitude é desde o 25 de marzo até o 31 de decembro

A convocatoria mantén vixentes sete programas de axudas, que atenden as necesidades de persoas con enfermidades oncolóxicas, psiquiátricas, celiaquía, drogodependencia, ou ben facilitar medios económicos para mellorar estancias temporais en residencias asistidas, por prolongación de efectos para persoas en situación de dependencia, así como para facilitar a autonomía persoal.

As novidades deste exercicio son o novo informe médico para enfermidade celíaca, que será de uso obrigatorio e a nova liña de axuda para suxeitadores para situación de postumorectomía mamaria.

Medios para presentar solicitudes

A tramitación farase a través dos servizos provinciais de MUFACE, mediante correo postal ou Rexistro Electrónico Común (REC).

A novidade neste exercicio é a tramitación a través da Sede Electrónica de Muface, utilizando Cl@ve, certificado dixital ou DNI electrónico para tres solicitudes:

  • Solicitudes programa de axudas para enfermos celíacos.
  • Solicitudes da modalidade de mantemento e potenciación da capacidade residual do programa de axudas para facilitar a autonomía persoal, tanto se se trata da primeira vez que se solicitan como se se solicitaron en convocatorias anteriores.
  • Solicitudes do programa de axudas para enfermos oncolóxicos.

Na páxina web de MUFACE, dentro do apartado Prestacións sociais poderás atopar o sitio Os meus servizos e Axudas de protección sociosanitaria para ter acceso á sede electrónica e aos impresos necesarios para as solicitudes.

Volver