Convocada reunión do Plan de Igualdade para o venres 3 de xullo

A CIG-Ensino anima ao profesorado a facer achegas ao I Borrador de medidas e accións para o Plan de Igualdade e II Borrador do Protocolo fronte ao Acoso

As aportacións aos documentos deberán de facerse antes do venres 3 de xullo mediante correo electrónico ao enderezo: igualdade@cig-ensino.gal

Logo de reiteradas denuncias públicas sobre a falta de compromiso da administración educativa no ámbito da igualdade, o sindicato vén de recibir convocatoria de reunión da comisión negociadora para este venres.

Será a cuarta deste curso, cando veñen de cumprirse xa os dous anos de negociación desde a constitución da comisión.

Documentos

Protocolo do persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia para a prevención e a actuación fronte ao acoso e os actos contrarios á liberdade sexual e á integridade moral no traballo. Ligazón

Borrador de medidas e accións para o Plan de Igualdade. Ligazón

Volver