
Convocada Mesa Sectorial para tratar o decreto de comedores escolares
A CIG Ensino rexeita participar no pariré no que a Consellaría pretende converter a mesa sectorial
Escrito presentado á Consellaría de Educación anunciando que non imos participar no paripé no que pretende converter á mesa sectorial.
Á/A Sr. Presidente da Mesa Sectorial
Ante a convocatoria de Mesa Sectorial Docente non Universitaria para o venres, 12 de abril, ás 13.00 horas, co obxecto de tratar o Decreto de comedores, as organizacións sindicais abaixo asinantes queremos manifestar o seguinte:
- Que resulta inadmisible que se nos convoque a unha reunión para unha Mesa Sectorial para un venres ás 13 horas, cando o xoves é o día da semana no que por norma se convocan estas reunións. Para máis, convocala á unha da tarde significa que se quere cumprir unicamente cun mero trámite e non levar a cabo unha negociación.
- Compromiso de iniciar un novo trámite para ditaminar o proxecto de decreto de comedores no Consello Escolar de Galicia, previa negociación na Mesa Sectorial tal como recolle o proxecto.
Agardamos, polo tanto, o cambio na data da convocatoria tendo en conta as consideracións anteriormente expostas.
Asinado polas organizacións sindicais da mesa sectorial.
Ligazón ao borrador de Decreto de comedores.