Convocada Mesa Sectorial para tratar a Orde que regula a situación do profesorado afectado pola transformación dos IES As Mercedes e A Carballeira

Tamén fixa os criterios de adscrición no IES O Milladoiro

A Consellaría de Educación convocou Mesa Sectorial Docente Non Universitaria para este xoves 13 de xuño ás 12 horas para tratar a Orde pola que se desenvolve o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria. Esta orde afecta ao profesorado do IES As Mercedes de Lugo e o IES A Carballeira de Ourense, que son convertidos en centros integrados de FP. Tamén regula o proceso para acceder ás prazas do IES do Milladoiro. Consulta no interior o borrador.

Ligazón ao borrador da Orde pola que se desenvolve o Decreto 49/2013, do 21 de marzo, polo que se crean e se transforman institutos de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

Volver