Convocada Mesa Sectorial para tratar a convocatoria de oposicións

Vai ser este xoves 21 de marzo e debaterase tamén a orde de reintegros por asistencia a actividades de formación e a orde de formación

A Consellaría de Educación vén de convocarnos á unha reunión da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para este xoves 21 de marzo na que se tratará a orde pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres. No interior da nova podes consultar a orde do día e a documentación dos temas incluídos.

Documentación da Mesa Sectorial Docente non Universitaria do xoves 21 de marzo:

- PROXECTO DE ORDE do  de marzo de 2013 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo  de inspectores de educación e de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira do corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón.

- Proposta de baremo Ligazón

- Orde pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia.Ligazón.

- Orde pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2013.Ligazón.

Volver