
Convocada Mesa Sectorial para o xoves 23 de maio
Trataranse a orde de adxudicación de destinos provisionais, de licenzas de formación, convocatoria de prazas sometidas a convenio e o calendario escolar
A Consellaría de Educación vén de convocarnos a unha reunión da Mesa Sectorial Docente non Universitaria para o próximo 23 de maio ás 11.00 horas. A orde do día inclúe a convocatoria para a adxudicación de destino provisional para o vindeiro curso, a orde do concurso para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos, o calendario escolar para o curso 2013/2014 e a orde de licenzas por formación para o curso 2013/2014. No interior da nova podes consultar a documentación que nos remitiu a Consellaría
ORDE DO DÍA DA MESA SECTORIAL 23 DE MAIO
- Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 21 de marzo e 12 de abril
- Convocatoria adxudicación de destino provisional para o vindeiro curso corpo de mestres . Ligazón ao borrador.
- Convocatoria adxudicación de destino provisional para o vindeiro curso corpo de secundaria. Ligazón ao borrador
- Orde pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos copos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería. Ligazón ao borrador. (A Consellaría comunicounos que no posto nº 6 incrementouse a seguinte praza: 1 profesor/a de ensino secundario no ámbito socio-lingüístico)
- Orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2013/2014, nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Ligazón ao borrador
- Orde pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/2014 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión. Ligazón ao borrador
- Rogos e preguntaS