Convocada mesa sectorial para o 18 de decembro: orde de actividades formativas no estranxeiro para profesorado, licenzas por estudo e acreditación de titores do mestrado

Mesa Sectorial Docente 18-12-09

Entre os puntos da orde do día, os seguintes: actividades formativas de inglés, francés, alemán, e portugués para o ano 2010 no estranxeiro dirixida ao profesorado, licenzas por estudo para o curso 2009-10, e acreditación de centros e titores do mestrado
Convocada mesa sectorial docente para o venres 18 de decembro: actividades formativas no estranxeiro para o profesorado, licenzas por estudo e acreditación de titorías do mestrado de secundaria

De orde do sr. Presidente da Mesa Sectorial, convoco a ese sindicato á sesión que terá lugar o venres, 18 de decembro de 2009, ás 11.00 h na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, de acordo coa seguinte orde do día:
 
 
1.- Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 24 de novembro
 
2.- Orde pola que se convocan actividades formativas de inglés, francés, alemán, e portugués para o ano 2010 no estranxeiro, destinadas a profesorado que imparte docencia en niveis non universitarios e se aproban as súas bases de concesión. Ligazón
 
3.- Orde pola que se convocan licenzas por estudos para o curso 2010-2011 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión. Ligazón
 
4.- Orde para acreditación de centros e titores do practicum do máster. Ligazón
5.- Rogos e preguntas.


DOCUMENTOS RELACIONADOS:

Volver