
Convocada Mesa Sectorial Docente para tratar a convocatoria de actividades de formación, a addenda de interinos, prazas do PIALE e orde de selección de direccións
Será o próximo 28 de febreiro
ORDE DO DÍA:
1
Aprobación, se procede, da acta da sesión celebrada o día 24 de xaneiro.
2 Addenda ao Acordo de 20 de xuño de 1995 sobre o acceso á Función Pública Docente en calidade de profesor interino ou substituto. Ligazón
3
Orde pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da
Dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na
LOE. Ligazón
4 Orde pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia. Ligazóns
5. Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras (PIALE), para o ano 2013. Ligazón
6 Rogos e preguntas.