
Convocada Mesa Sectorial Docente non universitaria para o martes 9 de xuño: Criterios agrupamentos Infantil e Primaria, Destinos Provisionais 09-10, Prazas C.Mús. Superior, ...
Mesa Sectorial 09-06-09
A convocatoria da Mesa Sectorial é para o martes 9 de xuño de 2009, ás 11 h, dacordo coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas das sesións celebradas os días 4 e 29 de maio.
2. Negociación dos criterios para reagrupamentos do alumnado de educación infantil e primaria.
3. Normas para a adxudicación de destino provisional curso 2009/2010 para o corpo de mestres e corpo de catedráticos, PES, PTFP, profesorado de EOIs. Primaria /// Secundaria
4. Convocatoria de concurso de méritos especifico entre persoal funcionario de carreira do corpo de mestres para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postas de escolarización a alumnado de atención preferente.
5. Resolución da dirección xeral de RH, pola que se establece o procedemento para o acceso á docencia en diversas especialidades nos conservatorios superiores de música
6. Rogos e preguntas.